O PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL non se limita a monumentos e coleccións de obxectos, senón que comprende tamén tradicións ou expresións vivas herdadas dos nosos antepasados e transmitidas aos nosos descendentes, como tradicións orais, artes do espectáculo, usos sociais, rituais, actos festivos, coñecementos e prácticas relativos á natureza e o universo, e saberes e técnicas vinculados á artesanía tradicional.

         A súa importancia non estriba na manifestación cultural en si, senón no acervo de coñecementos e técnicas que se transmiten de xeración en xeración.

        A comprensión do patrimonio cultural inmaterial de diferentes comunidades contribúe ao diálogo entre culturas e promove o respecto cara a outros modos de vida. Por tanto, é un proceso integrador, pois podemos compartir expresións do patrimonio cultural inmaterial que son parecidas ás doutros.

Convención para a Salvagarda do Patrimonio Inmaterial da UNESCO (París, 2003).

     NA PERCURA DO TESOURO, como actividade didáctico-muiscal sobre PATRIMONIO INMATERIAL GALEGO ofertada pola Asociación Folclórica Gaiteiros da Xistra móvese en dous espazos fundamentais: no auditorio e na aula; sen perxuizo de que non se poida desenvolver noutros ámbitos nos que de seguro tamén sería perfectamente válida: nas relacións familiares, no eido rural e mesmo nas redes sociais.