
Xurxo non cría nas lendas dos mouros. ¡Son cousas de vellas! - pensaba. Pero estaba moi
convencido de que aqueles debuxos
nas pedras do monte eran as marcas do mapa dun tesouro.
A cotío porfiaba en que máis tarde que temperán o atoparía. Sabía que ao solpor algo misterioso acontecía, que ese era o mellor momento para descifrar os enigmas. Pero de todas cantas veces o intentou nunca pasaba nada; ata que unha noite os cantos de Moura espertáronno.
Moura, a gardiá da cova, axudaralle a liberarse da gran e malvada Serpe dándolle as claves e as pistas das probas que Xurxo debería superar NA PERCURA DO TESOURO.
Lendas, romances, zanfonas, alalás, cantigas, refráns, seres mitolóxicos,... conforman as sendas que levan a descubrir o auténtico tesouro colectivo; un tesouro que só ten valía se é compartido e respectado: a lingua.
GUIÓN e DIRECCIÓN: Xerardo F. Santomé INTÉRPRETES: César Freiría, Luis E. Correa, Rocío Salgado e Xurxo Antúnez SON: Antón P. Segade ILUMINACIÓN: Germán Gundín VESTIARIO: Chelo Davila GRAFISMOS: Benxa Míguez ESCENOGRAFÍA: Benxa Míguez e Roi Fernández PRODUCIÓN: Anxo F. Davila.