Alá cando eu era un mozo...   

    Os romances eran usados antigamente como medio de comunicación e servían para relatar feitos reais, mesmo históricos,  ou imaxinarios.

    Organizando a clase en grupos de 6 a 8 membros, faise unha lectura colectiva deste romance.

    A continuación dase un tempo de 10 minutos para que cada grupo prepare unha escenificación do relatado no romance. Para iso, o texto pode ser recitado por un neno ou nena do grupo ou pódense tomar como referencia os audios "mozo 1" e "mozo 2" aportados nesta Guía (estes audios poden ser cortados cando sexa preciso coa opción “Pause” do reproductor que se esté usando). Cabe a posibilidade de que se realice unha grabación deste texto  recitado polo alumnado para que acompañe á escenificación.

     Unha vez preparadas estas escenificacións, poden ser representadas ao resto da aula. A actividade pode ser mellorada co uso de teas, caretas, atrezzo,…

     Outra posibilidade é a de propor ao alumnado, de xeito individual ou en grupo, a elaboración dun cómic ilustrativo do contado neste romance.