
Despois de ter asistido á actividade didáctico-musical sobre o patrimonio inmaterial galego “NA PERCURA DO TESOURO”, cremos que este pode ser un moi bo momento para “ recrear” na aula diferentes momentos dos vividos no auditorio, iso si, agora é o alumnado quen toma o papel protagonista sendo quen de, despois da obrigada preparación, subirse a un escenario coa finalidade de mostrar o aprendido aos demais.
A continuación preséntanse 5 actividades. Cada unha delas está pensada para que poida ser traballada durante unha sesión sen máis pretensión que o alumnado disfrute o máis posible de cada unha delas.
1.- Por que non hei escoitare...
2.- Alá cando eu era un mozo...
3.- A paso de mazurca...
4.- Rolando a pedra...
5.- Nós tamén tocamos...