
Por que non hei escoitare...
Imos disfrutar da audición deste tema grabado en 1991 por ARMEGUIN. Comprobarase que, ademais do que pode ser un son de característica “folc”, esta grabación conta ademais, coa participación dunha orquestra.
Organizamos a aula en grupos de catro membros e seguimos o seguinte proceso nesta audición:
Primeira escoita:
Unha vez rematada, é presentado a cada nena e neno un modelo de cuestionario para que sexa cuberto, dase un tempo aproximado aos tres minutos para que, pregunta a pregunta, tenten primeiro consensuar unha resposta e posteriormente, unha vez que a mestra ou mestre o indique, cada nena ou neno colla o seu lápis e escriba no seu cuestionario a resposta acordada no grupo. En caso de non acadar consenso non se escribe nada.
Cando rematen de escribir, e así o indique o mestre ou a mestra, entregarán os lápices a un membro do grupo para que proceda á súa custodia.
Segunda escoita:
Supostamente, nesta escoita o alumnado procederá a verificar as contestacións dadas, á corrección das mesmas en caso de que así sexa preciso ou a pensar a resposta no caso de que non fora dada ata ese momento.
Unha vez rematada a escoita, dase outro prazo de tres minutos para que consensúen estas posibles verificacións, correccións ou respostas. Pasado o prazo de tres minutos, cando o indique a mestra ou mestre, se reparten de novo os lápices para que o alumnado anote no cuestionario as respostas consensuadas. Unha vez realizado, retíranse os lápices.
Guiado polo mestre ou a mestra, analízase a nivel de aula as contestacións a cada unha das preguntas partindo das respostas de cada un dos grupos e coa finalidade de dar unha única resposta ao cuestionario. En caso de que a resposta de aula non sexa a correcta, a mestra ou mestre debe axudar a que cheguen ata ela e, de non ser así, aportar directamente a resposta correcta.
Terceira escoita:
Trátase dunha última escoita, se cabe máis consciente, deste tema, encamiñada a verificar a resposta dada a nivel de aula.