A paso de mazurca...   

    A mazurca é un ritmo normalizado dentro da música popular galega.

    É posible que o alumnado xa teña experimentado na aula o paso de valse. De ser así, xa temos moito camiño adiantado. En caso contrario, atopámonos cunha moi boa oportunidade de afrontar esta tarefa nas nosas clases.

    A partir do visionado da primeira parte do seguinte vídeo dunha actuación do grupo MEIRAMAR - AXOUXERES sobre a "Mazurca de Moaña", proponse a realización dos pasos interpretados polos bailadores na parte A. Comprobarase que na parte B danzan co paso de valse. (Poden substituír este paso de valse por un simple balanceo).

     Pódese levar esta mesma proposta coreográfica acompañada do seguinte audio extraído do tema “Mazurcas” incluído no traballo discográfico ¡¡Opa iii!! do grupo OS CEMPÉS, como unha das melodías executadas en xornadas anteriores no auditorio.